Monday 01 de July de 2024

Incendiado un vehículo na rúa Rafael Dieste, no concello de Ribeira


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados ás 01:18 horas desta madrugada dun incendio que afectou a un vehículo na rúa Rafael Dieste, no casco urbano do Concello de Ribeira.

O lume orixinouse na guanteira do automóbil, e á chegada dos bombeiros xa fora extinguido polo propietario, polo que o operativo consistiu na ventilación do interior do turismo, na desconexión da batería e na comprobación da temperatura e gases.

No operativo tamén participaron a Policía Local de Ribeira e a Policía Nacional.

Deja un comentario